Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
State of South Dakota (en) | |||||
Himno | Hail, South Dakota! (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Under God the people rule» | ||||
Símbolo oficial | Faisán común (aves) | ||||
Alcume | The Mount Rushmore State | ||||
Epónimo | Pobo dakota | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Pierre | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 886.667 (2020) (4,44 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 347.878 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 199.729 km² | ||||
Auga | 1,69 % | ||||
Bañado por | Lake Traverse (en) , Lago Big Stone (pt) , Big Sioux River (en) , Río Missouri, Bois de Sioux River (en) , Little Minnesota River (en) e Lake Oahe (en) | ||||
Altitude | 670 m | ||||
Punto máis alto | Pico Harney (pt) (2.208 m) | ||||
Punto máis baixo | Lago Big Stone (pt) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 2 de novembro de 1889 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of South Dakota (en) | ||||
• Governador da Dakota (pt) | Arthur C. Mellette (pt) (1889–1893) Charles H. Sheldon (pt) (1893–1897) Andrew E. Lee (pt) (1897–1901) Charles N. Herreid (pt) (1901–1905) Samuel H. Elrod (pt) (1905–1907) Coe I. Crawford (1907–1909) Robert S. Vessey (pt) (1909–1913) Frank M. Byrne (pt) (1913–1917) Peter Norbeck (1917–1921) William H. McMasters (1921–1925) Carl Gunderson (pt) (1925–1927) William J. Bulow (1927–1931) Warren Green (pt) (1931–1933) Tom Berry (pt) (1933–1937) Leslie Jensen (pt) (1937–1939) Harlan J. Bushfield (pt) (1939–1943) Merrell Q. Sharpe (pt) (1943–1947) George Theodore Mickelson (1947–1951) Sigurd Anderson (pt) (1951–1955) Joe Foss (pt) (1955–1959) Ralph Herseth (pt) (1959–1961) Archie M. Gubbrud (pt) (1961–1965) Nils Boe (pt) (1965–1969) Frank Farrar (1969–1971) Richard F. Kneip (pt) (1971–1978) Harvey L. Wollman (pt) (1978–1979) Bill Janklow (1979–1987) George S. Mickelson (1987–1993) Walter Dale Miller (pt) (1993–1995) Bill Janklow (1995–2003) Mike Rounds (pt) (2003–2011) Dennis Daugaard (2011–2019) Kristi Noem (2019–2025) Larry Rhoden (pt) (2025–) | ||||
Órgano lexislativo | South Dakota Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | South Dakota Supreme Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | UTC−06:00 hora estándar do centro Zona horaria da montaña (→ condado de Corson (pt) , condado de Dewey (pt) , condado de Stanley (pt) ) America/Chicago (pt) | ||||
ISO 3166-2 | US-SD | ||||
Identificador GNIS | 1785534 | ||||
Sitio web | sd.gov | ||||
Dacota do Sur[1][2] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O nome do Estado provén das tribos amerindias lakota e Dakota (Síux).
Localizado na rexión Medio Oeste do país, a maior parte de Dacota do Sur atópase na zona xeográfica das Grandes Planicies americanas, por iso, a maior parte de da súa xeografía caracterízase por ser un terreo pouco accidentado, relativamente chairo. Dacota do Sur está dividida polo río Missouri, que separa o estado en dúas metades social e economicamente distintas, coñecidas polos residentes como "río leste" e "río oeste". A agricultura foi historicamente a súa principal fonte de riqueza. O Estado é un dos líderes nacionais na produción de trigo. Dacota do Sur tamén posúe unha das maiores cabanas de gando bovino do país. Dominada por un economía baseada na agricultura, Dacota do Sur procurou diversificar a súa economía para atraer e manter aos seus residentes. O estado, con todo, segue sendo maioritariamente rural, cunha das densidades de poboación máis baixas dos Estados Unidos.[3]
Na porción suroeste do estado destacan as montañas Black Hill. É unha rexión de grande importancia relixiosa para os amerindios locais, así como unha importante atracción turística, porque Black Hills contén o famoso Monte Rushmore, onde están esculpidos os bustos de catro Presidentes americanos. Esta enorme escultura é unha das atraccións turísticas máis coñecidas do mundo, e que dá ao Estado o sobrenome de The Mount Rushmore State.
A rexión que forma actualmente Dacota do Sur foi unha das últimas zonas dos Estados Unidos continentais en ser explorada e asentada polos americanos. En 1858, o goberno americano crearía o Territorio de Dacota - un territorio que incluía o que forma actualmente os Estados de Dacota do Norte e Dacota do Sur, ata entón parte do Territorio de Minnesota. O Territorio de Dacota estivo escasamente poboado ata o século XIX, cando as primeiras liñas ferroviarias foron construídas ao longo do Territorio de Dacota, incentivando así a práctica da agricultura na rexión. Inicialmente, só algúns poucos latifundistas dominaban a economía do territorio. Con todo, o éxito destes latifundistas e os ferrocarrís atraeron a miles de persoas á rexión. O 2 de novembro de 1889, o Territorio de Dacota foi dividido nas actuais Dacota do Norte e Dacota do Sur, e ambas foron elevadas á categoría de Estados, incorporándose á Unión.
Dacota do Sur (EUA)