A Historia de Arda |
---|
Anos Valianos
|
Idades dos Fillos de Ilúvatar |
Batalla Final |
Dagor Dagorath é o nome dunha batalla ficticia incluída no legendarium do autor británico J. R. R. Tolkien. O nome está na lingua ficticia Sindarin e significa Batalla Final.
O Silmarillion remata, na versión editada polo fillo de Tolkien, coa viaxe de Eärendil até as Terras Imperecedoiras; a versión orixinal remata coa chamada Segunda Profecía de Mandos, o Vala responsábel das Mansións dos Mortos e que ten papel de Oráculo dos Valar. Esa profecía é sobre a Dagor Dagorath, frecuentemente chamada A Fin.