Deinococcus-Thermus
|
Catro células de Deinococcus radiodurans formando unha tétrada.
|
Clasificación científica
|
|
Ordes e Xéneros
|
Deinococcales Rainey et al. 1997
Deinococcaceae Brooks and Murray 1981 emend. Rainey et al. 1997
Deinococcus Brooks and Murray 1981 emend. Rainey et al. 1997
Deinobacterium Ekman et al. 2011
Trueperaceae Rainey et al. 2005
Truepera da Costa, Rainey e Albuquerque 2005
Thermales Rainey e Da Costa 2002
Thermaceae Da Costa e Rainey 2002
Thermus Brock and Freeze 1969 emend. Nobre et al. 1996
Meiothermus Nobre et al. 1996 emend. Albuquerque et al. 2009
Marinithermus Sako et al. 2003
Oceanithermus Miroshnichenko et al. 2003 emend. Mori et al. 2004
Rhabdothermus Steinsbu et al. 2011
Vulcanithermus Miroshnichenko et al. 2003
|
Sinonimia
|
- Hadobacteria Cavalier-Smith 1992 emend. Cavalier-Smith 1998
- Xenobacteria
|
O grupo Deinococcus-Thermus é un pequeno grupo de bacterias considerado un filo, que son moi resistentes ás condicións ambientais desfavorables.[1]
Comprende dous grandes grupos:
- As Deinococcales, que inclúe dúas familias e dous xéneros principais: Deinococcus e Truepera. O primeiro ten varias especies resistentes á radiación, que poden captar os residuos nucleares e outros materiais tóxicos sen sufriren dano, e sobreviven tamén no baleiro do espazo exterior ou en condicións extremas de calor ou frío.
- As Thermales inclúen varios xéneros resistentes á calor (Marinithermus, Meiothermus, Oceanithermus, Thermus, Vulcanithermus).[2] A especie Thermus aquaticus, que vive en fontes hidrotermais, foi importante no desenvolvemento da técnica da Reacción en Cadea da Polimerase (PCR), xa que posúe un encima ADN polimerase termoestable (a Taq polimerase), que resiste as temperaturas necesarias para aplicar a técnica da PCR.
Aínda que estes grupos evolucionaron a partir dun devanceiro común, os dous mecanismos de resistencia que presentan desenvolvéronos de xeito independente.[3]
Estas bacterias teñen paredes celulares grosas que fan que teñan un patrón de tinguidura grampositivo, pero teñen unha segunda membrana, polo que en estrutura están próximos ás bacterias gramnegativas.
Cavalier-Smith deulle a este clado o nome de Hadobacteria[4] (de Hades, o inframundo dos antigos gregos).
- ↑ Griffiths E, Gupta RS (2007). "Identification of signature proteins that are distinctive of the Deinococcus-Thermus phylum" (PDF). Int. Microbiol. 10 (3): 201–8. PMID 18076002. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2011. Consultado o 04 de xullo de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 04 de xullo de 2012.
- ↑ Omelchenko MV, Wolf YI, Gaidamakova EK; et al. (2005). "Comparative genomics of Thermus thermophilus and Deinococcus radiodurans: divergent routes of adaptation to thermophily and radiation resistance". BMC Evol. Biol. 5: 57. PMC 1274311. PMID 16242020. doi:10.1186/1471-2148-5-57.
- ↑ Cavalier-Smith T (2006). "Rooting the tree of life by transition analyses". Biol. Direct 1: 19. PMC 1586193. PMID 16834776. doi:10.1186/1745-6150-1-19. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2019. Consultado o 04 de xullo de 2012.