Demencia | |
---|---|
Litografía dun home diagnosticado con demencia en 1800 | |
Especialidade | psiquiatría, neuroloxía, neurociencia |
Causas | razóns biolóxicas (envellecemento) ou patolóxicas (dexeneración, enfermidade lesional, trastornos vasculares) |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Unha demencia[1] é un conxunto de patoloxías do sistema nervioso central que producen un déficit, en termos xerais progresivo e irreversible, que condiciona perda de funcións cerebrais superiores (memoria, linguaxe, razoamento etc.) e outras habilidades previamente adquiridas, pero mantendo un nivel de consciencia normal.