Desde Rusia con amor | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | From Russia with Love |
Director | Terence Young |
Produtor | Harry Saltzman Albert R. Broccoli |
Guión | Richard Maibaum |
Baseado en | James Bond de Ian Fleming |
Intérpretes | Sean Connery Pedro Armendáriz Lotte Lenya Robert Shaw Bernard Lee Daniela Bianchi |
Música | John Barry |
Fotografía | Ted Moore |
Montaxe | Peter R. Hunt |
Estudio | Eon Productions |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | Londres: 10 de outubro de 1963 11 de outubro de 1963 |
Duración | 115 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Acción |
Orzamento | $2 000 000 |
Recadación | $79 000 000 |
Filme anterior | 007 contra o doutor No |
Filme seguinte | James Bond contra Goldfinger |
Na rede | |
Desde Rusia con amor (en inglés: From Russia with Love) é un filme británico de espías e o segundo título da franquía James Bond producido por Eon Productions. Tamén foi o segundo filme protagonizado por Sean Connery no papel do axente da MI6 James Bond. Foi dirixido por Terence Young, producido por Albert R. Broccoli e Harry Saltzman, e escrito por Richard Maibaum e Johanna Harwood. Baséase na novela de Ian Fleming From Russia, with Love. No filme, Bond é enviado para axudar a desertar a Tatiana Romanova, a secretaria do consulado soviético en Turquía, onde SPECTRE artella como vingar o asasinato do Doutor No.