Diario de Pontevedra | |
---|---|
Fundación | 1 de abril de 1889 |
Propietario | Grupo El Progreso |
Director | Miguel Ángel Rodríguez González |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Pontevedra |
ISSN | 2386-4109 |
Na rede | |
https://www.diariodepontevedra.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Diario de Pontevedra, anteriormente El Diario de Pontevedra, é un xornal que se edita ininterrompidamente na cidade de Pontevedra dende 1968 pero que xa iniciara a súa andaina en 1889, propiedade dende 1999 do Grupo El Progreso de Lugo. Dende o ano 2001 ten a súa sede na rúa Lepanto. A impresión realízase na rotativa de El Progreso en Lugo.
É un periódico de carácter eminentemente local e provincial, centrado na contorna da cidade de Pontevedra. Conta con delegacións en Marín, Bueu, Poio, Sanxenxo e O Grove, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Vigo, Lalín e A Estrada.