Dictyostelium discoideum

Dictyostelium discoideum

Corpos frutíferos de D. discoideum


Un D. discoideum en migración, cuxos límites están coloreados por curvatura; barra de escala: 5 µm, duración: 22 segundos

Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Amoebozoa
Infrafilo: Mycetozoa
Clase: Dictyostelia
Orde: Dictyosteliida
Familia: Dictyosteliidae
Xénero: Dictyostelium
Especie: D. discoideum
Nome binomial
Dictyostelium discoideum
Raper, 1935[1]

Dictyostelium discoideum é unha especie de ameba que vive no solo pertencente ao filo Amoebozoa, infrafilo Mycetozoa. Considerado un mofo mucoso, D. discoideum é un eucariota que durante o seu ciclo de vida pasa de ser un conxunto de amebas unicelulares separadas a unha masa multicelular e despois a un corpo frutífero. O seu peculiar ciclo de vida asexual consta de catro fases: vexetativa, agregación, migración e culminación. O ciclo vital de D. discoideum é relativamente curto, o que permite observar sucesivamente as catro etapas de maneira doada. As células implicadas no ciclo de vida realizan movementos, sinalización química e desenvolvemento, o que é aplicable á investigación do cancro humano. A simplicidade do seu ciclo vital fai que D. discoideum sexa un valioso organismo modelo para estudos de procesos xenéticos, celulares e bioquímicos aplicables a outros organismos.

  1. Raper, K.B. (1935). "Dictyostelium discoideum, a new species of slime mold from decaying forest leaves". Journal of Agricultural Research 50: 135–147. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2017. Consultado o 15 de abril de 2019. 

Dictyostelium discoideum

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne