Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Un documento[1] contén información. A miúdo refírese a un produto real de escritura ou gravación e normalmente úsase para comunicar ou almacenar coleccións de datos. Os documentos son frecuentemente un foco de preocupación para as administracións empresariais e as administracións do goberno. A palabra é tamén usada como verbo na forma "documentar", describindo o proceso de facer un documento. O termo documento pode ser aplicado a calquera representación de significado, pero normalmente refírese a algo físico como un documento impreso en papel, ou a un documento virtual con formato electrónico.