Dodro

Modelo:Xeografía políticaDodro
Vista nocturna
Fotomontaxe
Arriba, as brañas e o río Ulla; no medio á esquerda, hórreos na aldea de Vigo; no medio á dereita, o muíño da Devesa e abaixo o pazo de Hermida.
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°42′56″N 8°42′53″O / 42.7155, -8.7148
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalTallós Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.620 (2024) Editar o valor en Wikidata (72,58 hab./km²)
Xentiliciododrense Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie36,1 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude20 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataXabier Castro Tourís (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Dodro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15981 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15033 Editar o valor en Wikidata

Sitio webdodro.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: concellodedodro Twitter: Conc_deDodro Instagram: concello_de_dodro Youtube: UCwdYGaLyfJcPapFPltGqnQQ Editar o valor en Wikidata

Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, que está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 [1][2][3] e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes[4] (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.

O concello de Dodro conserva espazos naturais de importancia ambiental e paisaxística, como as brañas que se estenden a carón do río Ulla, constituíndo o espazo húmido máis grande de Galicia,[5] incluídas no sistema fluvial Ulla - Deza e declarada zona especial de conservación (ZEC).[6] Preserva moitos elementos tradicionais como os cruceiros, os muíños, os hórreos e os reloxos de sol, exemplo da etnografía galega en diferentes estados de conservación, incluído o sartego de Castro,[7] ademais dunha rica tradición oral e escrita. Pazos históricos da fidalguía de antano e igrexas do barroco completan o patrimonio arquitectónico do municipio.

  1. Rial & Gago 1992, Descrición
  2. Quintana García 1993, p. 477
  3. "Información turística". Concello de Dodro. Consultado o 01-12-2023. 
  4. "Series históricas de poboación de Galicia". IGE. Consultado o 28-11-2023. 
  5. "Recursos naturais". Concello de Dodro. Consultado o 28-11-2023. As Brañas son o espazo húmido máis grande de Galicia e albergan unha gran riqueza ambiental. 
  6. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas de especial conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia". 44. ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza (ES1140001) (62). DOG: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. 31-03-2014: 13427. Consultado o 28-11-2023. 
  7. Lorenzo Baleirón, Manuel (24-10-2021). "O sartego de Castro, en Dodro". La Voz de Galicia. Consultado o 06-01-2024. 

Dodro

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne