Nome orixinal | Dolores Vilavedra Fernández |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de agosto de 1963 (61 anos) Vigo, España |
Formación profesional | doutora en filoloxía galega |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Anxo Tarrío |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura galega, crítica literaria e tradución literaria |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | Profesora universitaria |
Empregador | U. de Santiago de Compostela |
Xénero artístico | Ensaio, tradución |
Obra | |
Doutorando | Iolanda Ogando |
Familia | |
Cónxuxe | Henrique Monteagudo |
Fillos | dúas |
Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963[1], é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.