Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2011.) |
Sistema educativo español |
---|
Réxime xeral |
Réxime especial |
O doutoramento[1] é o grao académico do nivel máis alto. Tradicionalmente, a concesión dun doutoramento implica o recoñecemento dun candidato como igual por parte da facultade da universidade na que estudou. Esencialmente hai tres tipos de doutoramento:
Os primeiros normalmente son concedidos en recoñecemento a unha investigación académica dun estándar publicable (aínda se non se publica), e que representa unha contribución polo menos modesta ó coñecemento humano. Usualmente avalíase a través da defensa dunha disertación ou tese doutoral, aínda que ás veces pode aceptarse un corpo coherente de literatura publicada. Os últimos outórganse por unha contribución substancial a un campo, aínda que non hai requisitos de natureza académica.