Drone metal | |
---|---|
Orixe musical | Música Drone, música experimental, doom metal, heavy metal, dark ambient, música noise, música industrial |
Orixe cultural | Comezos dos anos 1990 Seattle, Washington |
Instrumentos típicos | Guitarra eléctrica |
O drone metal, tamén chamado drone doom,[1] é un xénero derivado do doom metal definido principalmente por notas e acordes sostidos e repetidos chamados drones. Neste xénero aplícase unha gran reverberación e acople ao son das guitarras,[2] mentres que a voz moitas veces non está presente ou é gutural. As cancións neste xénero son de gran duración e carecen de ritmo no sentido tradicional do termo.[3] O drone metal está influenciado pola música drone, a música noise e a música minimalista,[2] e xurdiu a comezos dos anos 1990 con grupos pioneiros como Earth,[4] Boris[2] e Sunn O))).[2]