دبيّ (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Emiratos Árabes Unidos | ||||
Emirato | Dubai | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.331.420 (2020) (95.183,43 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 35 km² | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Al Maktoum (en) | ||||
Creación | 9 de xuño de 1833 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Mohamed bin Rashid Al Maktum (2006–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | dm.gov.ae | ||||
Dubai[1] (en árabe: دبيّ, transliterado Dubayy) é unha metrópole que ocupa aproximadamente o 20% do territorio do Emirato de Dubai[2], un dos sete que integran os Emiratos Árabes Unidos dende 1971. Está localizada ao longo da franxa costeira do emirato e é a cabeceira da área metropolitana Dubai-Sharjah-Ajman. A súa poboación en 2010 ascendía a 1.905.000 habitantes[2] que a converten na cidade máis populosa dos Emiratos. En 2020 vai ser sede da Exposición Universal.
Dubai ten emerxido coma cidade global e lugar de negocios no Oriente Medio[3]. É tamén un nó importante de transporte de pasaxeiros e mercadorías, converténdose nunha porta moi importante para Occidente. Na década dos sesenta do século XX a economía de Dubai baseábase nos ingresos proporcionados polo comercio e, en menor medida, polas concesións de explotacións petrolíferas, pero o petróleo non foi descuberto ata 1966. Os beneficios do petróleo comezaron a fluír en 1969[4]. As rendas do petróleo axudaron a acelerar o desenvolvemento temperá da cidade, mais as reservas petrolíferas son limitadas e os niveis de produción baixos: en 2010 menos do 5% dos ingresos do emirato viñan do petróleo[5]. O modelo occidental dos negocios de Dubai levou á súa economía a ter como principais ingresos os derivados da aviación, contando con dous aeroportos internacionais; dos servizos financeiros; do turismo, especialmente o de luxo, confirmándose como sede internacional de congresos, convencións e conferencias; e do negocio inmobiliario, destacando o proxecto das Palm Islands, con tres diferentes actuacións: a primeira en Jumeirah, a segunda en Jebel Ali (50% máis grande) e a terceira en Deira que será tres veces maior cá primeira; destaca así mesmo The World, composto por 300 illas de area artificial formando un mapamundi que serán ocupadas por residencias, centros comerciais e hoteis de cinco estrelas [6]. Recentemente Dubai captou a atención mundial polos grandes proxectos de construcións innovadoras, grandes rañaceos, en particular a construción máis alta do mundo, o Burj Khalifa, e eventos deportivos coma a Dubai World Cup, o encontro internacional de carreiras de cabalos que reparte os maiores premios do mundo. Dubai ten sido criticado pola violación dos dereitos humanos da poboación obreira, maioritariamente procedente do sueste asiático[7]. A crise finaceira de 2007 afectou fondamente ao mercado inmobiliario[8] mais a economía volveu a crecer, agardándose un superávit nos presupostos de 2015[9].
En 2012, Dubai era a vixésimo segunda cidade máis cara do mundo e a máis cara do Oriente Medio[10][11]. En 2014, o prezo das habitacións dos hoteis de Dubai estaban consideradas as segundas máis caras do mundo, despois de Xenebra[12]. A firma americana de consultoría global Mercer ten clasificado a Dubai como un dos mellores lugares para vivir no Oriente Medio[13].