Un ecualizador é un control de ganancia que incrementa ou diminúe a ganancia de frecuencias específicas sen afectar á ganancia doutros rangos de frecuencias. Este dispositivo é o máis importante de todos os elementos que compoñen a cadea de son, xa que a súa función é a de balancear a través de filtros electrónicos a enerxía do son a través de todo o espectro de son da voz.
Con propiedade podemos dicir que o ecualizador é o corazón da cadea do procesamento de son. Basicamente, está compostos dunha serie de filtros sintonizados a determinadas frecuencias comunmente chamados “bandas”. Estes filtros electrónicos poden ser de tipo analóxico ou dixital, sendo estes últimos máis precisos e prácticos.
Cada un destes filtros ten a tarefa de amplificar ou reducir a ganancia da frecuencia determinada para a que foi deseñado.