El Mundo

El Mundo
Fundación 1989
Xénero Información xeralista
País España España
Cidade Madrid
Ámbito Nacional
Lingua Castelán
Periodicidade Diaria
Prezo 1,20

El Mundo del siglo XXI, máis coñecido como El Mundo, é un xornal español. Ten a súa sede en Madrid e conta con edicións rexionais en lugares como Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía, Almería, Huelva, Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha, Castela e León, Illas Baleares, Alacant ou Cantabria. Tamén conta con edición aberta en Internet chamada elmundo.es. O seu director é Francisco Rosell.

A empresa editora, Unidad Editorial S. a., é dona tamén do Grupo Recoletos, ambas propiedade á súa vez do grupo RCS MediaGroup (Rizzoli), que controla o diario italiano de maior tirada, o Corriere della Sera, e que marca as directrices xerais de acción. O Grupo Unidad Editorial está presidido pola historiadora e académica María del Carmen Iglesias Cano e edita, ademais do diario El Mundo, outras publicacións como Marca, Expansión, Telva ou La aventura de la Historia, entre outras.

O 8 de marzo de 2010 El Mundo lanzou Orbyt, a plataforma de contidos de pago na que ademais de contar con catro seccións específicas, tamén se pode consultar a hemeroteca do xornal, opinar, interactuar coa redacción e beneficiarse de promocións ou descontos exclusivos.


El Mundo

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne