Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.787 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 23,65 km² ![]() | ||||
Altitude | 604 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Román Antonio Martín Cánaves (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38435 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 38044 ![]() | ||||
Sitio web | eltanque.es ![]() |
El Tanque é un concello español situado no noroeste da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. É un dos tres concellos da illa, xunto con Tegueste e Vilaflor de Chasna, que non ten costa.
Limita ao norte e leste con Garachico, ao sur con Santiago del Teide e ao oeste con Los Silos. O concello acada a súa altitude máxima no cono volcánico coñecido como Montaña Grande de Abeque, de 1.745 metros. A capital municipal atópase a 604 metros sobre o nivel do mar.
Tiña en 2016 unha poboación de 2.658 habitantes, agrupados nos núcleos de El Tanque, Erjos del Tanque, Ruigómez e San José de los Llanos.