Enfisema pulmonar

Enfisema pulmonar
Clasificación e recursos externos
Enfisema de tipo centrilobular.
ICD-10J43
ICD-9492
MedlinePlus000136
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O termo enfisema, nun sentido amplo, defínese no Dicionario Galego de Termos Médicos[1] como a "distensión dun tecido causada pola acumulación de gases nel, especialmente aquela orixinada pola presenza de aire no tecido celular subcutáneo ou pulmonar". Máis concretamente, o enfisema pulmonar defínese como a "alteración pulmonar caracterizada pola dilatación dos espazos aéreos existentes máis alá dos bronquíolos terminais e pola desaparición parcial dos tabiques interalveolares", que se pode dar con ou sen fibrose manifesta.[2] Trátase dunha doenza crónica abranguida, xunto coa bronquite crónica, na doenza pulmonar obstrutiva crónica (DPOC).[3] O nome vén do grego emphysema, que significa "soprar o aire" ou "insuflar".[4]

O consumo de tabaco é a causa máis común do enfisema[5]. Pénsase que nos pulmóns existe un equilibrio entre a síntese e a degradación de elastina, un compoñente da parede dos alvéolos fundamental para manter as propiedades elásticas do pulmón. O enfisema aparece cando se produce un desequilibrio, ben porque aumenta a capacidade elastolítica ou ben porque diminúe a actividade antielastolítica. Crese que o fume do tabaco e outros contaminantes provocan a liberación de produtos químicos (maiormente oxidantes) que danan as paredes dos alvéolos. O dano empeora co paso do tempo. As persoas que padecen esta doenza teñen alvéolos pulmonares que son capaces de encherse con aire fresco, pero non poden expulsalo dun xeito doado, o que afecta a subministración de osíxeno ao corpo.

Unha substancia que existe naturalmente nos pulmóns, chamada alfa-1-antitripsina (AAT), pode protexer contra este dano. A AAT, producida polos hepatocitos, é o inhibidor de protease máis abundante do soro humano e a principal defensa do pulmón en contra da elastase. As persoas con deficiencia de alfa-1-antitripsina presentan maior risco de padecer esta doenza.

  1. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Dicionario Galego de Termos Médicos. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002. [ISBN 84-453-3371-2]
  2. Snider, GL. et al. The definition of emphysema:report of National Heart. Lung and Blood Institute. Division of Lung Diseases, Workshop. Am Rev Respir Dis. 1985; 132:182-5
  3. "American Lung Association - Español". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2009. Consultado o 30 de maio de 2016. 
  4. "Yale New Haven Health - Greenwich Hospital" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2016. 
  5. Emphysema. Diseases and Conditions. Mayo Clinic.

Enfisema pulmonar

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne