Eraserhead | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Eraserhead |
Director | David Lynch |
Produtor | David Lynch |
Guión | David Lynch |
Intérpretes | Jack Nance Charlotte Stewart Allen Joseph Jeanne Bates |
Música | David Lynch Fats Waller Peter Ivers |
Fotografía | Frederick Elmes Herbert Cardwell |
Montaxe | David Lynch |
Estudio | American Film Institute |
Distribuidora | Libra Films International |
Estrea | 19 de marzo do 1977 |
Duración | 89 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror, surrealismo |
Orzamento | 10 000 dólares aproximadamente |
Recadación | 7 millóns $ |
Na rede | |
Eraserhead é un filme surrealista de body horror estadounidense escrito e dirixido por David Lynch en 1977. Filmado en branco e negro, Eraserhead é a primeira longametraxe de Lynch, que chegou despois de varias curtametraxes. O filme foi producido coa axuda do American Film Institute (AFI) durante o tempo de estudo que estivo alí o director. Protagonizada por Jack Nance, Charlotte Stewart, Jeanne Bates, Judith Anna Roberts, Laurel Near, e Jack Fisk, conta a historia de Henry Spencer (Nance), encargado de coidar ao seu fillo terribelmente deforme nunha desolada paisaxe industrial.
O filme tardou seis anos en ser gravado debido a que ninguén se interesou no proxecto, mais as doazóns de Fisk e a súa muller Sissy Spacek mantiveron o financiamento da produción. O filme foi rodado en diversas localizacións propiedade do AFI en California, incluíndo Greystone Mansion e un conxunto de cortes onde Lynch viviu durante un tempo. Lynch e mailo deseñador de son Alan Splet pasaron un ano traballando no son do filme despois da insonorización do estudio. A banda sonora de Eraserhead conta con música de órgano por Fats Waller e inclúe a canción "In Heaven", escrita para o filme por Peter Ivers.
Inicialmente cunha reducida apertura ao público e con pouco interese, Eraserhead gañou popularidade durante a súa emisión como un filme de media noite. Dende o seu lanzamento recibiu críticas positivas. A imaxinaría surrealista e as correntes subterráneas sexuais considéranse elementos temáticos clave, e o deseño de son intricado considérase o seu mellor punto técnico. As análises temáticas do filme tamén salientan estas cuestións elaborando sobre o fatalismo e inactividade de Spencer. No 2004 a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos preservou o filme no National Film Registry pola súa relevancia "cultural, histórica ou esteticamente significativa".