Erinaceidos

Os erinaceidos (Erinaceidae) son unha familia de mamíferos da orde dos eulipotifles. Contén os coñecidos ourizos (subfamilia Erinaceinae) de Eurasia e África, e os galericinos (subfamilia Galericinae) do sueste de Asia. Anteriormente, esta familia foi considerado parte da orde dos insectívoros, pero no presente esta clasificación é considerada obsoleta por ser polifilética.[1]

No mundo hai 16 especies de ourizos divididas en cinco xéneros, que se atopan en partes de Europa, Asia, África e Nova Zelandia. Non hai especies nativas en Australia nin en América do Norte ou do Sur, e os que habitan en Nova Zelandia foron introducidos. Son mamíferos insectívoros que mudaron pouco nos últimos 15 millóns de anos e que se adaptaron á vida nocturna.

  1. Hutterer, Rainer.

Erinaceidos

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne