Esclerito (cnidarios)

Nos antozoos octocoraliarios denomínase esclerito a unha peza calcaria, de cores variadas, independente ou unida outras estruturas, para constituír un tubo que contribúe ao soporte do corpo do animal.[1]

As células encargadas de produciren os escleritos denomínanse esclerócitos. No lugar onde se produce a calcificación, múltiples esclerócitos forman membranas expandidas similares a pseudópodos que se interconectan, formando vesículas multicelulares ao redor dos escleritos. Estas vesículas e os pseudópodos desaparecen cando maduran os escleritos, seguida da degradación dos esclerócitos ao redor dos escleritos maduros. Cando na base da colonia de pólipos, as vesículas granulares se distribúen entre os escleritos, indica un proceso de cementación en curso.[2]

  1. Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
  2. Jeng, M. S.; H.-D. Huang, C.-F. Dai, Y.-C. Hsiao & Y. Benayahu (2011): "Sclerite calcification and reef-building in the fleshy octocoral genus Sinularia (Octocorallia: Alcyonacea)". Coral Reefs 30: 925–933.

Esclerito (cnidarios)

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne