Estadio Metropolitano | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 40°26′10″N 3°35′58″O / 40.436111, -3.599444 |
Localización | Avenida de Luis Aragonés, 4 28022 Madrid, España |
Construción | |
Inauguración | 6 de setembro de 1994 |
Arquitecto | Cruz y Ortiz arquitectos |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 m |
Capacidade | 67.829 |
Propietario | Comunidade de Madrid (1994-2002) Concello de Madrid (2002-2017) Atlético de Madrid (dende 2017) |
Operadora | Atlético de Madrid |
Localía | Atlético de Madrid (dende 2017) CF Rayo Majadahonda (2018-19) |
Web | https://www.atleticodemadrid.com/civitasmetropolitano |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Metropolitano[1], por razóns de patrocinio Riyadh Air Metropolitano[2], é un estadio de fútbol da cidade de Madrid, propiedade do Club Atlético de Madrid, situado no distrito de San Blas-Canillejas.
Foi inaugurado orixinariamente o 6 de setembro de 1994 como estadio de atletismo, impulsado pola Comunidade de Madrid, e pola súa forma era coñecido como La Peineta. En 2002, a súa titularidade foi transferida ao Concello de Madrid[3], quen finalmente asinou un convenio patrimonial co Atlético de Madrid para que o recinto pasada a ser propiedade do club de fútbol despois de ser reformado.[4]
A reforma do estadio realizouse entre 2011 e 2017, para ser reinaugurado oficialmente o 16 de setembro dese ano, nun partido entre o Atlético e o Málaga CF (1-0), correspondente á cuarta xornada do Campionato de Liga 2017/18.[5] O estadio ten capacidade para 67.829 espectadores, coa súa bancada dividida en tres niveis, formando tres aneis continuos a excepción da bancada alta do lateral oeste.[6]