Estatina

A lovastatina foi a primeira estatina que se comercializou. Foi illada do fungo Aspergillus terreus.

As estatinas (ou inhibidores da HMG-CoA redutase) son unha clase de fármacos que rebaixan o nivel de colesterol no organismo e actúan inhibindo o encima HMG-CoA redutase, o cal ten un papel central na produción de colesterol. Os niveis altos de colesterol (hipercolesterolemia) foron asociados con enfermidades cardiovasculares.[1] As estatinas reducen a probabilidade de desenvolver unha enfermidade cardiovascular e a mortalidade nas persoas que están en risco. Hai fortes evidencias que indican que as estatinas son efectivas para o tratamento das enfermidades cardiovasculares nos estadios temperáns da doenza (prevención secundaria) e naquelas persoas con risco elevado pero aínda sen síntomas de doenza cardiovascular (prevención primaria).[2][3] Entre os efectos secundarios das estatinas están a dor muscular, o incremento do risco de ter diabetes mellitus, e as anormalidades nas probas de encimas hepáticos.[4] Ademais, en casos raros poden ter efectos adversos graves, especialmente danos musculares.[5]

En 2010, comercializábanse as seguintes estatinas: atorvastatina, fluvastatina, lovastatina, pitavastatina, pravastatina, rosuvastatina e simvastatina.[6] Todas elas están recoñecidas pola Axencia Europea de Medicamentos da Unión Europea e a FDA norteamericana. A cerivastatina foi retirada do mercado polo seu fabricante en 2001. Tamén se dispón de varias preparacións combinadas de estatinas e outros axentes, como ezetimibe/simvastatina. As estatinas son uns medicamentos moi vendidos; por exemplo, en 2005 e só nos Estados Unidos as vendas foron de 18,7 miles de millóns de dólares.[7] A estatina máis vendida é a atorvastatina, que en 2003 chegou a ser o fármaco máis vendido da historia.[8][9] Como algunhas das patentes xa expiraron, hoxe hai varias estatinas dispoñibles como xenéricos a un prezo menor.[10][11]

  1. Lewington S, Whitlock G, Clarke R, Sherliker P, Emberson J, Halsey J, Qizilbash N, Peto R, Collins R (December 2007). "Blood cholesterol and vascular mortality by age, sex, and blood pressure: a meta-analysis of individual data from 61 prospective studies with 55,000 vascular deaths". Lancet 370 (9602): 1829–39. PMID 18061058. doi:10.1016/S0140-6736(07)61778-4. 
  2. "Lipid Modification - National Library of Medicine - PubMed Health". 
  3. Taylor F, Huffman MD, Macedo AF, Moore TH, Burke M, Davey Smith G, Ward K, Ebrahim S (2013). "Statins for the primary prevention of cardiovascular disease". Cochrane Database Syst Rev 1: CD004816. PMID 23440795. doi:10.1002/14651858.CD004816.pub5. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2016. 
  4. Naci H, Brugts J, Ades T (2013). "Comparative tolerability and harms of individual statins: a study-level network meta-analysis of 246 955 participants from 135 randomized, controlled trials". Circ Cardiovasc Qual Outcomes 6 (4): 390–9. PMID 23838105. doi:10.1161/CIRCOUTCOMES.111.000071. 
  5. Abd TT, Jacobson TA (May 2011). "Statin-induced myopathy: a review and update.". Expert opinion on drug safety 10 (3): 373–87. PMID 21342078. doi:10.1517/14740338.2011.540568. 
  6. Sweetman, Sean C., ed. (2009). "Cardiovascular drugs". Martindale: the complete drug reference (36th ed.). London: Pharmaceutical Press. pp. 1155–434. ISBN 978-0-85369-840-1. 
  7. Taylor, FC; Huffman, M; Ebrahim, S (11 December 2013). "Statin therapy for primary prevention of cardiovascular disease.". JAMA 310 (22): 2451–2. PMID 24276813. doi:10.1001/jama.2013.281348. 
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Simons
  9. "Doing Things Differently" Arquivado 12 de maio de 2013 en Wayback Machine., Pfizer 2008 Annual Review, April 23, 2009, p. 15.
  10. "www.accessdata.fda.gov". 
  11. "www.accessdata.fda.gov". 

Estatina

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne