Stockholm (sv) | |||||
Epónimo | tronco e Illote | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Estocolmo | ||||
Municipios | concello de Estocolmo | ||||
Capital de | Suecia (1436–) condado de Estocolmo (1634–) Reino da Suécia e Noruega (pt) (1814–1905) Stockholm City (en) (1863–1970) concello de Estocolmo (1971–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 984.748 (2022) (5.261,53 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua sueca | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 187,16 km² | ||||
Bañado por | Saltsjön (pt) e Lago Mälaren | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1187 | ||||
Evento clave | |||||
Santo padrón | Eric o Santo | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Karin Wanngård (en) (2022–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 100 00–200 00 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 08 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | start.stockholm | ||||
Estocolmo[1] (en lingua sueca Stockholm (axuda · info)) é a capital e cidade máis poboada de Suecia, administrativamente unha municipalidade do Condado de Estocolmo. Cunha poboación en 2017 de 965 232 habitantes (2 352 549 na súa área metropolitana, arredor do 20% da poboación de Suecia), é a cidade máis grande dos países nórdicos.
É a cidade máis importante do país dende o século XIII, grazas a súa localización, na costa leste sueca, no centro sur, cun arquipélago do mar Báltico en fronte e o lago Mälaren ás costas. A cidade está formada por 14 illas e illotes, unidos por medio de 53 pontes. Administrativamente, o municipio está dividido dende 1998 en 18 distritos, e ten a responsabilidade das escolas primarias, asistencia social ou os medios culturais locais. Dende 2018, a alcaldesa da cidade é Anna König Jerlmyr, do Partido Moderado.[2]
Como capital do estado, Estocolmo é a sede do goberno e o parlamento suecos e tamén da residencia do xefe do Estado, o rei Carlos XVI Gustavo, o Palacio Real de Estocolmo, como do Primeiro ministro, a Casa de Sager.
Foi nomeada pola GaWC (Grupo de Estudos sobre a Globalización e as Cidades Mundiais) como unha cidade global de categoría «Alfa -» segundo o seu estudo de 2012, ocupando o posto 24 do mundo, o décimo de Europa e o primeiro dos países nórdicos.[3] Nos últimos anos o turismo converteuse nunha actividade moi importante para a cidade, con arredor de sete millóns de visitantes ao ano.[4]