Etihad Airways | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA EY | OACI ETD | Indicativo ETIHAD |
Fundación | xullo de 2003 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Abu Zabi | |
Plan de voo frecuente | Etihad Guest | |
Frota | 116 | |
Destinos | 79[1] | |
Holding | Etihad Aviation Group | |
Páxina web: http://www.etihad.com |
Etihad Airways (árabe: شركة الاتحاد للطيران, sharikat alittiḥād liṭṭayarān) é a aeroliña nacional dos Emiratos Árabes Unidos, ademais de ser a segunda compañía máis grande do país, despois de Emirates. A súa sede atópase en Khalifa City, un suburbio residencial de Abu Zabi, preto do aeroporto internacional de Abu Zabi, que é a súa base principal. Etihad comezou a operar no mes de novembro de 2003.
A aeroliña opera máis de 1 000 voos por semana, tanto de pasaxeiros como de carga, a uns 120 destinos en Oriente Medio, África, Europa, Asia, Australia e América, cunha frota de 116 avións Airbus e Boeing en febreiro de 2018.[1][2] No ano 2015 a aeriliña transportou 14,8 millóns de pasaxeiros, un 22,3% máis que no ano anterior.[3]
Ademais da súa actividade principal de transporte de pasaxeiros, Etihad tamén opera Etihad Holidays e Etihad Cargo. No ano 2015 Etihad creou a súa propia alianza de aeroliñas, Etihad Airways Partners, que inclúe a Air Serbia e Air Seychelles.[4] Etihad Airways mantén investimentos minoritarios nas aeroliñas participantes na alianza, ademais de ter accións en Virgin Australia, que oficialmente non forma parte de Etihad Airways Partner.
Etihad Airways é unha das poucas aeroliñas clasificadas como de 5 estrelas por Skytrax.[5]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Our fleet