- Non confundir co factor V utilizado para o cultivo da bacteria Haemophilus influenzae, que corresponde ao NAD+.
O factor V (factor cinco) de coagulación é unha proteína do sistema de coagulación do sangue, que en raras ocasións pode aparecer co nome de proacelerina ou factor lábil. A diferenza da maioría dos factores de coagulación, esta proteína non é encimaticamente activa senón que funciona como cofactor. A deficiencia deste factor causa unha predisposición ás hemorraxias, mentres que algunhas mutacións (a principal é a mutación factor V de Leiden) predispón á trombose.
Historicamente, á forma activada do factor V (hoxe factor Va) se lle dera o nome de factor VI, que se consideraba daquela un factor distinto, ata que se descubriu a súa identidade e o termo deixou de usarse.[1]
- ↑ Giangrande PL (2003). "Six characters in search of an author: the history of the nomenclature of coagulation factors". Br. J. Haematol. 121 (5): 703–12. doi:10.1046/j.1365-2141.2003.04333.x. PMID 12780784.