Faith No More | |
---|---|
A banda en directo no 2009 | |
Orixe | San Francisco (California), Estados Unidos |
Período | 1979 - 1998 2009 - presente |
Xénero(s) | metal alternativo, rock experimental, funk metal, rock alternativo, post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | Mordam, Slash, Reprise, Reclamation!, Ipecac |
Membros | Mike Patton Billy Gould Roddy Bottum Mike Bordin Jon Hudson |
Antigos membros | Chuck Mosely "Big" Jim Martin Dean Menta Trey Spruance Mark Bowen Courtney Love Wade Worthington |
Artistas relacionados | Mr. Bungle, Pop-O-Pies |
Na rede | |
fnm.com | |
Faith No More é unha influente banda estadounidense de rock experimental formada en San Francisco, California en 1979.[1][2] Antes de recibir o seu nome actual en xullo de 1983,[3] o grupo actuou cos nomes Sharp Young Men e Faith No Man.[1] O baixista Billy Gould, o batería Mike Bordin e o teclista e guitarrista Roddy Bottum son os membros que máis tempo estiveron no conxunto, tendo tocado en Faith No More dende a súa creación. A banda pasou por varios cambios de formación dende o principio. O grupo separouse oficialmente en abril de 1998, pero volvería a reunirse no ano 2009. A súa derradeira encarnación está composta por Gould, Bordin, Bottum, o guitarrista Jon Hudson, e o vocalista Mike Patton.