Falkenberg é unha localidade sueca no condado de Halland, e é capital do municipio de Falkenberg. No ano 2017 a cidade tiña 44 195 habitantes.[1]Está situada na desembocadura do río Ätran, na baía de Kattegat. O nome está formado polas palabras suecas falk (falcón) e berg (montaña). Falkenberg é un popular destino turístico no verán.