Faloidina | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 17466-45-4 |
PubChem | 441542 |
ChemSpider | 28467534 |
ChEBI | CHEBI:8040 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C35H48N8O11S |
Masa molar | 788,87 g mol−1 |
Aspecto | Acicular |
Punto de fusión | 281 °C; 538 °F; 554 K |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A faloidina é un composto que pertence a unha clase de toxinas chamadas falotoxinas, que se encontran no fungo Amanita phalloides. É un hexapéptido bicíclico ríxido que é mortal poucos días despois de ser inxectado no torrente sanguíneo. O principal síntoma do envelenamento por faloidina é sentir unha gran fame debido á destrución das células do fígado. Funciona uníndose e estabilizando a proteína actina filamentosa (actina F ou F-actina) e impedindo a despolimerización das fibras de actina. Debido á súa unión forte e selectiva coa actina F, os derivados da faloidina que levan etiquetas fluorescentes utilízanse moito en microscopía para visualizar a actina F en investigacións biomédicas. Aínda que a faloidina é moi tóxica para as células hepáticas, engade pouca toxicidade adicional á que teñen outros compoñentes da Amanita phalloides, xa que non se absorbe no tracto dixestivo.