Fentos (Pteridophyta) | |||||
---|---|---|---|---|---|
Fento dos valos ou das pedras (Polypodium vulgare L.) | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Clases[1] | |||||
|
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras[2] son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
Os fentos están formados por un rizoma carnoso e teñen follas complexas denominadas megafilos, e que son máis complexas que os microfilos das Lycopodiopsidas. A meirande parte dos fentos, os verdadeiros fentos, son leptosporanxiados. Neste grupo aparecen follas grandes ás veces moi divididas, que son as frondes. Estas vanse desenroscando desde a súa cabeceira segundo o fento vai medrando.
Adóitanse agrupar dentro da división parafilética de Pteridophyta.[1][3] Aquí considéranse os fentos con ese sentido amplo, no que se consideran a toda a clase Polypodiopsida, que abrangue aos leptosporanxiados (Polypodiidae), e aos fentos con esporanxios, e que son aqueles que non se denominan verdadeiros fentos (como son os Psilotopsida, xestelas ou Equisetopsida, maratiáceas ou ofioglosáceas). Cando se emprega o termo pteridófitas[4] estanse a incluír outras plantas vasculares que non son estritamente "fentos". Do mesmo xeito, o termo “monilofites” refírese aos fentos sensu stricto[5].[6]
Os fentos arestora fórmano un grupo de 11 a 12 mil especies[7][8][9], que se agrupan en arredor de 340 familias.[5] Os fentos son o segundo grupo de plantas vasculares máis diverso do planeta.[10]
Os primeiros fentos aparecen no rexistro fósil a comezos do devoniano, inda que a meirande parte xorden hai 145 millóns de anos no inicio do cretáceo. A súa gran radiación deuse neste período, xurdindo a meirande parte das familias modernas dos fentos.[11][12]
Os fentos non teñen importancia económica, aínda que algúns son comestíbeis, poden ser usados como ornamentais, para restauración de solos contaminados ou incluso para limpar o ar pola súa capacidade de retirar contaminantes químicos do ar. Algúns considéranse herbas daniñas. Xogan tamén un papel importante na mitoloxía, na medicina e na arte.
O máis estendido dos fentos en Galicia é o fento común (Pteridium aquilinum), abondoso, por exemplo nas carballeiras onde forman extensas superficies. Emprégase como estrume. Segundo a área xeográfica recibe diferentes nomes: feito, fieito, felgo, felga, fenta, fieita, folgueiro, folgueira, fulgueiro, fulgueira, folgueirón, cento, fiento, ciento, faínto, feínto, fuento, fenta, afeto, foleto, foleito, fuleto, fuleiro e felecho.[13]
Considéranse os monilofitos sensu Pryer et al. (2001) para a cuantificación da biodiversidade.
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome paleo
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Bomfleur2014