Fisterra (do latín finēs terrae, 'os confíns da terra')[1][2] é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 4734 habitantes (5.005 no 2009, 5009 no 2006, 5042 no 2005, 5093 no 2004, 5141 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fisterrán».
- ↑ Navaza (coordinador), Gonzalo. "Os nomes dos concellos da provincia da Coruña". toponimia.xunta.gal; Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-26.
- ↑ Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 278 páx. ISBN 978-84-9865-892-1