Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Frodo Bulseiro | |
---|---|
Personaxe de O Señor dos Aneis | |
Frodo. | |
Creador(es) | J. R. R. Tolkien |
Información | |
Nome orixinal | Frodo Baggins |
Raza | Hobbit |
Sexo | Masculino |
Nacemento | 22 de setembro de 2968 T. I. |
Falecemento | Viaxou a Aman |
Título | Portador do Anel |
Familiares | Prímula Brandigamo (mai) Drogo Bulseiro (pai) Bilbo Bulseiro (tío) |
Residencia | Vila Bulsa, Hobbiton (A Comarca) Aman |
Perfil en IMDb |
Frodo Bulseiro (Frodo Baggins no orixinal), é un dos personaxes principais da novela O Señor dos Aneis de John Ronald Reuel Tolkien. Chamado "o portador do anel", este hobbit foi o encargado de levar o Anel Único ata o Orodruin (chamado en lingua común Monte do Destino) para destruílo. Posteriormente, deixou a Terra Media nun navío que o levou, xunto a Gandalf o branco, ás Terras Imperecedoiras.