![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Denomínanse fundamentalismo as distintas correntes relixiosas que promoven a interpretación literal dun texto fundamental ou sacro tal que o Corán ou a Biblia, é dicir, os seus contidos son tomados como dogmas de fe, perante os cales ningunha outra autoridade pode ser invocada, e polo tanto prevalecen sobre as leis das sociedades democráticas. Xeralmente fálase do fundamentalismo relixioso, pero o fundamentalismo político non por iso é menos común. Algúns exemplos de libros comúns entre fundamentalistas políticos son A miña loita, de Adolf Hitler, e o Libro Vermello de Mao. O fundamentalismo político non necesariamente relaciónase de xeito directo ou indirecta coas relixións tradicionais, senón que promoven unha cosmovisión radical e ata antiteísta.
O termo tamén se identifica coas correntes antimodernistas de distintas relixións. Ás veces confundense co milenarismo e co mesianismo ou asociase con fanatismo ou extremismo, aínda que este último termo adóitase reservar para actitudes especificamente políticas. O termo integrismo, que é o tradicional en galego para referirse a este fenómeno, está semanticamente moi próximo, aínda que nunha interpretación estrita o fundamentalismo designa un fenómeno moderno (unha forma de rexeitamento ás consecuencias secularizadoras da modernidad, pero xurdido desde a modernidade tecnolóxica), mentres que o integrismo promove unha resposta tradicionalista.