Funk metal | |
---|---|
Orixe musical | Funk rock, heavy metal, metal alternativo, hardcore punk, thrash metal |
Orixe cultural | Finais dos anos 1980 nos Estados Unidos |
Instrumentos típicos | Baixo, guitarra eléctrica, batería, teclado, voz |
Derivados | Nu metal |
O funk metal é un xénero de fusión que adopta os sons de guitarra e riffs do heavy metal e xuntaos coas liñas de baixo e ritmos sincopados do funk. O xénero evolucionou a finais dos anos 1980 cando grupos como Red Hot Chili Peppers e Fishbone comezaron a practicar este estilo híbrido cunha maior carga de funk que de heavy metal. Grupos posteriores evolucionaron cara a liñas musicais máis achegadas ao metal, mais retiveron as liñas de baixo típicas desta fusión.[1]. Algúns exemplos de grupos clasificados neste xénero son Faith No More,[2] Primus,[3][4][5] Bang Tango,[6] Extreme[7] e Mordred.[3]