Láridos Laridae Gaivotas | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Larus delawarensis adulto, en voo | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||
|
A dos láridos (Laridae) é unha familia de aves acuáticas da orde dos caradriformes e suborde dos laros.
Comprende numerosas especies coñecidas vulgarmente en galego como gaivotas ou gavotas.[1]
Son aves mariñas de mediano a gran porte (a máis pequena, Hydrocoloeus minutus, mide 29 cm e ten unha masa corporal de 120 g, e a máis grande, Larus marinus, ten unha lonxitude de 76 cm e unha masa de 1,75 kg). Tipicamente a súa plumaxe é gris, negra ou branca, frecuentemente con marcas negras na cabeza ou nas ás, e teñen as patas palmadas. Distribuídas por todo o mundo, moitas delas son aves abundantes e moi coñecidas nas súas tespectivas áreas de distribución.
Estreitamente relacionadas cos membros da familia dos estérnidos e, máis afastadamente, coas aves zancudas, a maioría das súas especies pertencen ao xénero Larus, que é o tipo da suborde e da familia.