Gattaca | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gattaca |
Director | Andrew Niccol |
Produtor | Danny DeVito Michael Shamberg Stacey Sher Gail Lyon |
Guión | Andrew Niccol |
Intérpretes | Ethan Hawke Uma Thurman |
Música | Michael Nyman |
Fotografía | Slawomir Idziak |
Montaxe | Lisa Zeno Churgin |
Estudio | Jersey Films |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 24 de outubro de 1997 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama Ciencia ficción |
Orzamento | $36 000 000 |
Recadación | $12 500 000[1] |
Na rede | |
https://www.sonypictures.com/movies/gattaca | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Gattaca é un filme de ciencia ficción realizado en 1997. Escrito e dirixido por Andrew Niccol, conta no seu elenco con Ethan Hawke, Uma Thurman e Jude Law nos papeis protagonistas e Gore Vidal e Alan Arkin como actores secundarios.
O filme presenta unha visión futurista dunha sociedade altamente tecnoloxizada rexida a través da selección xenética. Nun futuro próximo non precisado, os enxeñeiros xenéticos deseñan meniños-probeta para as clases altas optimizando a través da fecundación in vitro os mellores caracteres xenéticos dos seus pais. Unha base de datos xenética identifica e clasifica automaticamente os "válidos" (os creados por medios artificiais libres de enfermidades e defectos) fronte ós "in-válidos" (os concibidos bioloxicamente). Aínda que a discriminación xenética está legalmente prohibida, na práctica as corporacións recorren a análises de ADN para seleccionar o seu persoal de modo que os "válidos" aparecen cualificados para os mellores postos en tanto que os individuos concibidos polos métodos tradicionais son relegados a unha nova subclase encargada dos traballos subalternos.