Gemmatimonadetes

Gemmatimonadetes

Gemmatimonas aurantiaca
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Gemmatimonadetes
Clase: Gemmatimonadetes
Orde: Gemmatimonadales
Familia: Gemmatimonadaceae
Xénero: Gemmatimonas
Especie: G. aurantiaca
Nome binomial
Gemmatimonas aurantiaca
H. Zhang et al., 2003[1]

As Gemmatimonadetes (phyl. nov.) son un pequeno filo de bacterias, que comprende unha soa familia. O primeiro membro deste grupo descubriuse en 2003 na lama dun sistema de tratamento de augas residuais e denominouse Gemmatimonas aurantiaca, que era un bacilo gramnegativo aerobio, que parecía que se replicaba por xemación, vivía optimamente a 30 °C e pH 7. As secuencias de ARNr 16S tomadas de mostras ambientais indican que este filo debe estar máis difundido na natureza.[1]

Este filo agrúpase ás veces con Bacteroidetes, Chlorobi, Fibrobacteres, Caldithrix e o grupo mariño A para formar o grupo FCB ou superfilo.

  1. 1,0 1,1 Zhang H, Sekiguchi Y, Hanada S, Hugenholtz P, Kim H, Kamagata Y, Nakamura K (2003). "Gemmatimonas aurantiaca gen. nov., sp. nov., a gram-negative, aerobic, polyphosphate-accumulating micro-organism, the first cultured representative of the new bacterial phylum Gemmatimonadetes phyl. nov.". Int J Syst Evol Microbiol 53 (Pt 4): 1155–63. PMID 12892144. 

Gemmatimonadetes

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne