Getty Thesaurus of Geographic Names

Getty Thesaurus of Geographic Names
AcrónimoTGN
Tipotesauro, base de datos en liña e edición
Data de fundación22 de setembro de 2008 e 1997
Na rede
http://www.getty.edu/research/tools/vocabularies/tgn/, http://www.getty.edu/research/conducting_research/vocabularies/tgn/ e https://www.getty.edu/research/tools/vocabularies/tgn/
editar datos en Wikidata ]

O Tesauro de Nomes Geográficos Getty (en inglés Thesaurus of Geographic Names, abreviado ou TGN ou GTGN) é un produto da fundación J. Paul Getty Trust incluído no Programa de Vocabulario Getty. O TGN inclúe nomes e informacións asociadas sobre lugares. Os lugares do TGN inclúen entidades políticas administrativas (por exemplo, cidades ou nacións) e as súas características físicas (por exemplo montañas, ríos etc). Están incluídos lugares tanto históricos como actuais, así como outras informacións relacionadas coa súa historia, poboación, cultura, arte e arquitectura.

Este recurso está dispoñible para museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores de resursos visuais e proxectos bibliográficos a través de licenzas privadas, aínda que tamén están dispoñibles gratuítamente para os membros do público xeral no sitio do Vocabulario Getty.

Os bancos de datos do vocabulario Getty coma o Tesauro de Arte e Arquitectura (AAT), a Lista de Nomes de Artistas (ULAN) e o TGN foron creados e mantidos polo Programa de Vocabulario Getty. Son compatibles coa norma ISO e normas NISO para a construción de dicionarios de sinónimos. Conteñen termos, nomes e outras informacións sobre persoas, lugares, cousas e conceptos relativos á arte, á arquitectura e a cultura material.

Os vocabularios Getty poden ser usados de tres formas:

  • Para a entrada de datos, por catalogadores ou indexadores sobre obras de arte, arquitectura, material de cultura, materiais de arquivo, ou sustitutos visuais, ou materiais bibliográficos.
  • Como bases de coñecemento e achega de informacións para os investigadores.
  • Como asistentes de busca para mellora-lo acceso do usuario final dos recursos online.[1]
  1. Getty Research Institute (ed.). "Getty Vocabularies". www.getty.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2010. Consultado o 26 de maio de 2020. 

Getty Thesaurus of Geographic Names

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne