Gondomar | |
---|---|
Igrexa de San Bieito. | |
Concello | Gondomar[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°06′44″N 8°45′31″O / 42.112138888889, -8.7587444444444 |
Poboación | 3.562 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Bieito de Gondomar é unha parroquia, a capital e máis poboada do concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.675 habitantes (1.363 mulleres e 1.312 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.379 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 3.562 habitantes, sendo 1.757 homes e 1.805 mulleres.
Eclesiasticamente, pertence ao arcipretado de Miñor.[2]