Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde abril de 2020.) |
Gripe aviaria | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Influenza A virus, o virus que causa a gripe aviaria. Micrografía electrónica de transmisión de virions en tinción negativa (claros sobre fondo escuro). (Fonte: Dr. Erskine Palmer, Imaxe dos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades). | |
ICD-10 | J09 |
ICD-9 | 488 |
DiseasesDB | 6791 |
MedlinePlus | 007263 |
eMedicine | 1170/med |
MeSH | D007251 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A gripe aviaria ou influenza aviaria[1] é unha enfermidade viral das aves causada por cepas A de virus influenza que se pode transmitir ao ser humano e a outros animais (pero sobre todo ao porco).[2] Identificouse pola primeira volta en Italia a comezos do século XX e hoxe coñécese a súa existencia en todo o mundo. Desde 1950 houbo quince epidemias de gripe aviaria, delas cinco graves. En 1997 coñeceuse o primeiro caso de transmisión da enfermidade a un humano, en Hong Kong. Na epidemia de 2004 morreron 30 persoas, sobre todo en Vietnam e en Tailandia.
A gripe aviaria describe a infección debida a un subtipo concreto do virus A de influenza, H5N1, que pode causar doenzas graves nos humanos infectados. Transmítese por contacto con aves infectadas e o contaxio entre persoas é, de momento, raro. A gripe H5N1 non constitúe unha pandemia e non ten capacidade de ocasionala. Isto pode acontecer se H5N1 mutar nunha forma que lle permita pasar dunha persoa a outra.
Ata novembro de 2007 diagnosticouse a gripe aviaria en humanos H5N1 nun total de 12 países, con 355 casos e 206 mortes, o que representa unha mortalidade do 61,5%.[3]