Groove metal | |
---|---|
Orixe musical | heavy metal, thrash metal, death metal[1] |
Orixe cultural | principios dos 90 nos Estados Unidos e o Brasil |
Instrumentos típicos | guitarra eléctrica, baixo, batería, voces |
Derivados | nu metal[2] |
O groove metal (tamén coñecido como post-thrash ou neo-thrash) é un subxénero da música heavy metal. Os xornalistas musicais e seareiros usan o termo para definir a bandas como Pantera,[3] Exhorder e Machine Head.[4] O groove metal colle a intensidade e cualidades sónicas do thrash metal e interprétaas a tempos medios, coa meirande parte das bandas facendo só ocasionais incursións cara tempos rápidos.[5]