Guerra de Iraq | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra contra o terrorismo | |||||||||
Comezando pola parte superior esquerda: patrulla conxunta en Samarra; derrubamento da estatua de Saddam Hussein na praza Firdos, soldado do exército iraquí prepara o seu rifle durante un asalto no sur de Bagdad. | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Coalición multinacional en Iraq Estados Unidos Peshmergas kurdos Iraq (Dende 2006) Reino Unido Australia Polonia Dinamarca Italia Romanía Ucraína Países Baixos España Bulgaria Xapón Xeorxia República Dominicana (Máis os países restantes da coalición)[4] |
Iraq (baixo Saddam Hussein) Baathistas iraquís Resistencia iraquí Exército de al-Mahdi Muyahidínes Partido Comunista Iraquí Fedayínes Organización dos muyahidines do pobo iraniano | ||||||||
Líderes | |||||||||
George W. Bush Barack Obama Richard B. Myers Peter Pace Michael Mullen Paul Bremer Jay Garner Tommy Franks John P. Abizaid Ricardo S. Sánchez William J. Fallon Martin Dempsey James Mattis George Casey David Petraeus John R. Allen Raymond T. Odierno David D. McKiernan Lloyd Austin Tony Blair Gordon Brown David Cameron Richard Shirreff Jim Dutton Andy Salmon John Cooper John Howard Kevin Rudd José María Aznar Alfredo C. Torres Fulgencio Coll José Manuel Muñoz Silvio Berlusconi Romano Prodi Andrzej Tyszkiewicz Nuri al-Maliki Iyad Allawi Jalal Talabani Ibrahim al-Jaafari Ghazi Mashal Ajil al-Yawer |
Saddam Hussein† Qusay Hussein † Uday Hussein † Ali Hassan al-Mayid† Barzan Ibrahim al-Tikriti † Izzat Ibrahim al-Douri Jasili Ibrhama Muqtada al-Sadr Abu Musab al-Zarqawi † Abu Ayyub al-Masri† | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
Coalición ~300.000 invasión 176.000 (2004-2009) Contratistas* ~182.000 (118.000 Iraquís, 43.000 Outros, 21.000 estadounidenses)[5][6] Peshmerga 50.000 invasión Novo exército iraquí 125.000 Policía iraquí 227.000[7] Milicias 15.000-30.000 voluntarios civís[8] |
Iraquís (baixo Saddam Hussein): 375.000 forzas regulares. Goberno post-Baaz, conflito multilateral: | ||||||||
Baixas | |||||||||
Coalición 4.486[15] 179[16] Outros: 139 TOTAL: 4.804 Feridos militares: 32.200[15] 315[17] Mortos contratistas: : 1.471[18]: 743[17] |
Mortos militares: 7.600 - 10.800 (invasión de 2003)[19][20] Mortos milicianos: 21.221- 26.405[21] Total de mortos: 28.736-37.120 Mortos civís: 100.000[22] |
A Guerra de Iraq, tamén coñecida como Segunda Guerra do Golfo ou Operación Liberdade Iraquí nos Estados Unidos,[23] Operación Telic no Reino Unido[24] e, noutros ámbitos, ocupación de Iraq,[25] foi un conflito que comezou o xoves 20 de marzo de 2003 e rematou o domingo 18 de decembro de 2011.[2] Tras finalizala guerra, deuse paso a unha operación de adestramento das tropas iraquís para combater a insurxencia e o terrorismo. Esta operación deuse a coñecer como Operación Novo Amencer,[26] e representa a continuación da guerra de Iraq, que se inicia ó organizar os Estados Unidos unha coalición multinacional para a invasión de Iraq, estando composta por unidades das forzas armadas dos propios Estados Unidos, o Reino Unido e continxentes menores de España, Australia, Dinamarca, Polonia e outros Estados.[27]
A principal xustificación para esta operación que ofreceron o Presidente dos Estados Unidos, George W. Bush e os seus aliados na coalición, foi a falsa afirmación de que Iraq posuía e estaba desenvolvendo armas de destrución masiva (ADM), violando un convenio de 1991.[28][29] Funcionarios dos Estados Unidos sostiveron, dun modo interesado e tendencioso, que Iraq representaba unha inminente, urxente e inmediata ameaza ós Estados Unidos, ó seu pobo e ós seus aliados, así como ós seus intereses.[30] Criticouse amplamente ós servizos de información,[31] e os inspectores designados ó efecto non atoparon probas de que existiran as pretendidas armas de destrución masiva. Despois da invasión, o Grupo de Investigación en Iraq chegou á conclusión de que Iraq acabara cos seus programas para desenvolver as devanditas armas en 1991 e non había ningunha no momento da invasión, pero que tiñan a intención de retomar a produción sempre e cando se levantaran as sancións.[32] Algúns funcionarios dos Estados Unidos alegaron que Saddam Hussein e Al Qaeda estiveran cooperando,[33] pero non hai probas de que existise unha relación de colaboración.[34][35] Outras razóns para a invasión por parte dos funcionarios incluían as preocupacións sobre o apoio financeiro de Iraq para as familias de terroristas suicidas palestinos,[36] violacións dos dereitos humanos por parte do goberno iraquí,[37] propagación da democracia,[38] as reservas de petróleo de Iraq,[39][40][41] aínda que este último foi negado por outros funcionarios.[42][43][44]
A invasión levou á rápida derrota das forzas iraquís, o derrocamento do Presidente Saddam Hussein, a súa captura en decembro de 2003 e a súa execución en decembro de 2006. A coalición dirixida polos Estados Unidos no Iraq ocupado tratou de establecer un novo goberno democrático. Porén, pouco despois da invasión inicial, a violencia contra as forzas da coalición e entre os diversos grupos étnicos deu lugar a unha guerra asimétrica coa insurxencia iraquí, a guerra civil entre sunnís e xiítas iraquís, e as operacións de Al-Qaeda en Iraq.[45][46] As estimacións do número de persoas mortas varían entre máis de 150.000 a máis de 1 millón de persoas, segundo a fonte. O custo financeiro da guerra estimouse en máis de £4.500 millóns ($9.000 millóns) para o Reino Unido,[47] e máis de $845.000 millóns ós Estados Unidos,[48] cun custo total para a economía deste último estimada en $ 3 a 5 billóns. Algunhas das nacións que integraron a coalición comezaron a retirar as súas forzas como consecuencia dunha opinión pública desfavorable e ó progresivo aumento de efectivos iraquís para asumir a responsabilidade da seguridade no país.[49][50] Porén, Iraq, non chegou a desenvolver armas nucleares, grazas á Operación Ópera de Israel, acontecida uns anos antes.