Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Guerra do Yom Kippur | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de "Conflito árabe-israelí" e da guerra fría | |||||||||||
| |||||||||||
Belixerantes | |||||||||||
Israel Apoio internacional: Estados Unidos Reino Unido Francia Grecia |
Exipto Siria[nota 1] Forzas expedicionarias: Apoio internacional: | ||||||||||
Egyptian 25th Brigade ambush (en) , Battle of the Chinese Farm (en) , Operação Abirey-Halev (pt) , Battles of Fort Budapest (en) , Battle of Fort Lahtzanit (en) , Third Battle of Mount Hermon (en) e First Battle of Mount Hermon (en) |
A guerra do Yom Kippur, tamén coñecida como guerra do Ramadán, guerra de outubro ou guerra árabe-israelí de 1973, foi un conflito armado entre Israel e a coalición formada por Exipto e Siria. A guerra comezou cando Exipto e Siria lanzaron o 6 de outubro (día do Yom Kippur) de 1973 un ataque conxunto no Sinaí e nos Altos do Golán, territorios que foran conquistados por Israel durante a guerra dos seis días, seis anos antes.
Os exipcios e sirios avanzaron durante as primeiras 24-48 horas, en parte por estar o exército israelí desmobilizado pola festividade, pero na segunda semana da guerra, os sirios foron expulsados dos Altos do Golán. No Sinaí, os israelís cruzan a canal de Suez e rodean ao exército exipcio no Sinaí. A ameaza soviética de tomar partido polos árabes fai que os Estados Unidos convenzan a Israel de asinar un alto o fogo o 24 de outubro. Unha das consecuencias deste conflito foi a crise do petróleo, xa que os países árabes decidiron deixar de subministrar petróleo aos Estados Unidos e aos países que apoiaban a Israel.
A guerra deixou 2655 mortos no bando israelí e 8528 no bando árabe.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guerra do Yom Kippur |
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/>
correspondente