Hebreos

Tiepolo, Os hebreos recollendo o maná no deserto, bosquexo, 1740.[1]

Os hebreos (do latín Hebraei e do grego antigo Hebraioi [Ἑϐραῖοι], e ambos á súa vez do hebreo ‘Ivrīm [עברים]) son un antigo pobo semita do Levante mediterráneo (Próximo Oriente) establecidos no ano 616 a. C, tamén son devanceiros dos israelitas e do pobo xudeu.[2]

A tradicional fonte de referencia para os hebreos é a Biblia, cuxo contido tamén se atopa nas escrituras hebreas da Tora. Segundo estas fontes os hebreos constitúen o grupo monoteísta inicial, que é descendente dos patriarcas posdiluvianos Abraham, Isaac e Xacob.

Segundo a Biblia e as tradicións hebraicas (orais e escritas), os hebreos foron orixinarios de Mesopotamia. Eran nómades, vivían en tendas, posuían rabaños de cabras e ovellas, utilizando asnos, mulas e camelos como portadores. Seguindo a Abraham, os hebreos emigraron cara a Canaán, a terra prometida por Deus aos descendentes do primeiro patriarca. Varias táboas descubertas en Mari certifican frecuentes migracións a través do Crecente Fértil.

Abraham é considerado o primeiro hebreo por deixar o seu Caldea natal, e atravesar "do outro lado do río" Éufrates. O patriarca e os seus asíntanse en Canaán: en Siquem (actual Nablus), Beerseba ou Hebrón. Aos poucos, mestúranse cos poboadores locais e convértense en agricultores sedentarios. O pobo de Israel era veciño doutros, como os edomitas, moabitas, amonitas e ismaelitas. O trazo distintivo dos hebreos foi a súa convicción na existencia dun único Deus (Yavé). Segundo os textos do Tanak, o pobo de Israel é elixido por Deus para a revelación de principios fundamentais (tales como o Dez Mandamentos contidos na Tora) e é co primeiro patriarca do pobo hebreo que Deus establece a súa Alianza ou Pacto, tamén coñecido como Convenio Abrahámico:

E.M. Lilien, Abraham contempla as estrelas, estampa, 1908.[3]
«Vaite da túa terra, da túa patria, do teu clan, á terra que eu che mostrarei.
Eu farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un nome de sona, que será exemplo de bendición.
Bendicirei a quen te bendiga, maldicirei a quen te maldiga.
Os pobos todos da terra chamaranse benditos no teu nome.»
Xénese 12:1-3[4]

Na Biblia, Israel é o nome nacional dos hebreos. Inicialmente e na súa condición tribal, os hebreos non posuían un nome que os distinguise historicamente como grupo. O cambio do nome do terceiro patriarca, quen de "Xacob" pasa a chamarse "Israel" (Xénese 32:24 e 32:28[5]) é reflexo o feito histórico coñecido como unión das tribos hebreas iniciais e do seu triunfo sobre os cananeos.[6] Ou, dito doutro xeito, "hebreos" eran antes da conquista da terra de Canaán e "israelitas" chamarallos a partir de devandito acontecemento (século VI a.C.).[7]

Na actualidade, "hebreo" emprégase para designar a todo aquel que sexa membro ou descendente do pobo de Abraham, Isaac, e Xacob.[8] Hebreo é hoxe ademais sinónimo de israelita e xudeu.[9]

Nalgúns idiomas modernos, entre eles o grego, italiano, romanés e moitas linguas eslavas, "hebreos" é empregado como etnónimo estándar de xudeus.

A dispersión dos fillos de Noé despois do Diluvio. A área ocupada por Sem e a súa descendencia, o Crecente Fértil, atópase marcado en vermello. C.V. Monin, Géographie des Hébreux et Tableau de la dispersion des peuples après le déluge, 1838-39. O propósito deste mapa era establecer o órigen xeográfico dos hebreos, de aí a expresión "Xeografía dos hebreos" no seu título.
  1. Éxodo 16. Pintura preservada y exhibida en el Museo Nacional de Bellas Artes, Buenos Aires.
  2. Isto se desprende dos textos bíblicos que, para xudeus e cristiáns "conteñen a palabra de Deus"; ditos textos son a Tora e a Biblia. Na súa etimoloxía de hebreo, o DRAE, 22.ª ed., inclúe un "quizá del acadio ẖapiru[m], [acaso significando] paria". Posiblemente isto se deba a que existen algunhas teorías que buscan conectar os "habiru" —aos que tamén se coñece como apiru— cos hebreos bíblicos. Porén, o certo é tales intentos de relacionar ao grupo dos apiru (Habiru) co xentilicio "ivrim" carecen polo momento de probas concluíntes para sustentar tamaña idea. Escritos tales como os de Juan de la Torre Suárez non só son incompatibles co texto bíblico senón que ademais proclaman abertamente a súa propia "egiptomanía". Rainey explica que a suposta relación entre habiru e os hebreos non é máis que unha expresión de desexo. Véxase Anson F. Rainey, Unruly Elements in Late Bronze Canaanite Society, en Pomegranates and Golden Bells, ed. David Pearson Wright, David Noel Freedman, Avi Hurvitz, Eisenbrauns, 1995, p. 483. Para unha discusión, ver O. Loretz, Habiru-Hebräer, Berlín, 1984; N. Na'aman, "Habiru and Hebrews: The Transfer of a Social Term to the Literary Sphere", JNES, 45, 1986, pp. 271-88; y A.F. Rainey, Habiru-Hebräer, 1987. "Habiru" non designa ningunha agrupación étnica e é un termo empregado na Antigüidade para referirse tanto a grupos semitas como para outros que non o son: "a conexión [entre habiru e os hebreos], si é que hai algunha, permanece escura" (J.D. Douglas, The Zondervan Illustrated Bible Dictionary, 2011, p. 557). Por outra banda, o sentido dado a "hapiru" na etimoloxía proposta polo DRAE carece de referencia o sustento científico e por isto non é máis que unha hipótese.
  3. Imaxe incluída na edición alemá de Os Libros da Biblia.
  4. http://www.abibliagalega.com/pentateuco/xenese/capitulos-11-15/
  5. http://www.abibliagalega.com/pentateuco/xenese/capitulos-31-35/
  6. Hebrews, Jewish Encyclopedia, versión sen editar 1906; accedida 17 de xullo de 2013
  7. "Hebrew (people)", Encyclopædia Britannica, 2008, Encyclopædia Britannica Online, accedida 20 de decembro de 2008 e 17 de xullo de 2013: "Hebrew, any member of an ancient northern Semitic people that were the ancestors of the Jews. Biblical scholars use the term Hebrews to designate the descendants of the patriarchs of the Hebrew Bible (Old Testament)—i.e., Abraham, Isaac, and Jacob (also called Israel [Genesis 33:28])—from that period until their conquest of Canaan (Palestine) in the late 2nd millennium bce. Thenceforth these people are referred to as Israelites until their return from the Babylonian Exile in the late 6th century bce, from which time on they became known as Jews."
  8. Hebrews, thefreedictionary.com, accedido 17 de xullo de 2013
  9. Aarón Alboukrek y Gloria Fuentes Sáenz, Diccionario de sinónimos y antónimos, Larousse-La Nación, 2005, p. 139: "hebreo"

Hebreos

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne