Henrique III de Inglaterra

Modelo:BiografíaHenrique III de Inglaterra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Henry III Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1207 Editar o valor en Wikidata
Winchester, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte16 de novembro de 1272 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Westminster, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor en Wikidata
Monarca de Inglaterra
28 de outubro de 1216 – 16 de novembro de 1272 (finado no cargo)
← Xoán I de InglaterraEduardo I de Inglaterra →
Señor de Irlanda
28 de outubro de 1216 – 16 de novembro de 1272 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, monarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMonarca de Inglaterra (1216–1272)
Lord
Duque Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Plantagenet Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAliénor da Provenza (1236 (Gregoriano)–1272), morte da persoa
Aliénor da Provenza (1236–) Editar o valor en Wikidata
FillosHenrique de Inglaterra
 () Aliénor da Provenza
Ricardo de Inglaterra
 () Aliénor da Provenza
Xoán de Inglaterra
 () Aliénor da Provenza
Guillerme de Inglaterra
 () Aliénor da Provenza
Eduardo I de Inglaterra
 () Aliénor da Provenza
Margarida de Inglaterra
 () Aliénor da Provenza
Beatriz de Inglaterra
 () Aliénor da Provenza
Edmundo Crouchback
 () Aliénor da Provenza
Catarina de Inglaterra
 () Aliénor da Provenza Editar o valor en Wikidata
PaisXoán I de Inglaterra Editar o valor en Wikidata  e Isabel de Angulema Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoan, Lady of Wales
Isabella of England
Joan of England
Lionor de Leicester
Isabella of Lusignan
Alice de Lusignan, Countess of Surrey
Aymer de Valence, 2º Conde de Pembroke
Hugo XI de Lusignan
Ricardo de Cornualla
William de Valence, 1.º conde de Pembroke
Richard FitzRoy Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia de Cirilo e Metodio
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Plantagenet-167 Find a Grave: 1954 Editar o valor en Wikidata

Henrique III de Inglaterra, tamén coñecido como Henrique de Winchester, nado en Winchester o 1 de outubro de 1207 e finado en Westminster o 16 de novembro de 1272, foi rei de Inglaterra, señor de Irlanda e duque de Aquitania desde 1216 ata a súa morte.[1] Foi fillo do rei Xoán I de Inglaterra e da súa segunda esposa, Isabel de Angulema. Asumiu o trono con oito anos de idade, no transcurso da Primeira Guerra dos Baróns. O cardeal Guala declarou a guerra contra os baróns rebeldes como unha cruzada, e as forzas de Henrique, lideradas por William Marshal, derrotaron os rebeldes nas batallas de Lincoln e Sandwich en 1217. Henrique prometeu respectar a Gran Carta de 1225, na que se limitaba o poder real e se protexían os dereitos dos baróns. Os seus primeiros anos de reinado estiveron dominados por Hubert de Burgh e por Peter des Roches, que restableceron a autoridade real tras a guerra. En 1230, o rei tratou de reconquistar as provincias francesas que pertenceran ao seu pai, pero a invasión foi un fracaso. En 1232 tivo que se enfrontar coa revolta iniciada por Richard Marshal, que poñía fin ao acordo de paz negociado pola Igrexa.

Tras a revolta, Henrique gobernou Inglaterra persoalmente, no canto de delegar as funcións nos seus ministros. Viaxou menos cós seus predecesores e investiu grandes cantidades na mellora dos seus castelos e palacios favoritos. Casou con Aliénor da Provenza, coa que tivo cinco fillos. Henrique foi coñecido pola súa piedade, celebrando luxosas cerimonias litúrxicas e doando xenerosas cantidades ás obras de caridade. O rei foi particularmente devoto da figura de Eduardo o Confesor, a quen adoptou como santo patrón. Confiscou grandes sumas de cartos aos xudeus, alterando incluso a súa capacidade de facer negocios, e empeorando a súa relación con eles ata o punto de establecer o Estatuto dos Xudeus, co que pretendeu segregar a comunidade. Nun primeiro intento de reclamar as posesións familiares en Francia, invadiu Poitou en 1242, que o levou á desastrosa batalla de Taillebourg. Tras isto, confiou na vía da diplomacia, formando unha alianza co emperador Frederico II. Henrique apoiou o seu irmán Ricardo na súa pugna por converterse en Rei de romanos en 1256, pero foi incapaz de poñer o seu propio fillo Edmund no trono do Sicilia, a pesar de desembolsar grandes sumas de cartos. Pensou en marchar de cruzada ao Levante mediterráneo, pero impedíronllo as rebelións en Gascuña.

En 1258 o seu mandato era cada vez máis impopular, como resultado do fracaso das súas custosas políticas exteriores e a notoriedade dos seus medio irmáns poitevinos, os Lusignan, así como o papel dos seus oficiais na colecta de impostos e taxas. Unha coalición dos baróns, probablemente apoiada inicialmente por Aliénor, deu un golpe de Estado e expulsou os poitevinos de Inglaterra, reformando o goberno real a través das chamadas Provisións de Oxford. Henrique e o goberno dos baróns acordaron a paz con Francia en 1259 a través do Tratado de París, coa renuncia de Henrique aos seus dereitos en Francia en troco do recoñecemento por parte de Lois IX de Francia da súa lexitimidade no goberno de Gascuña. O réxime dos baróns colapsou, pero Henrique foi incapaz de reformar o goberno e a inestabilidade en Inglaterra continuou.

En 1263 un dos baróns máis radicais, Simon de Montfort, tomou o poder, resultando na Segunda Guerra dos Baróns. Henrique persuadiu o rei francés para que o apoiase e mobilizase ao seu exército. A batalla de Lewes de 1264 supuxo a derrota e captura de Henrique, que foi feito prisioneiro. O seu fillo máis vello, Eduardo, escapou do cativerio para derrotar a de Montfort na batalla de Evesham o ano seguinte e liberar así o seu pai. Henrique promulgou nun primeiro momento unha dura vinganza contra os rebeldes que aínda quedaban, pero foi persuadido pola Igrexa para que modificase as súas políticas a través do Dictum de Kenilworth. A reconstrución foi lenta e Henrique tivo que acceder a varias medidas, como unha maior represión para cos xudeus, para manter o apoio popular e dos baróns. O rei morreu en 1272, deixando a Eduardo como o seu sucesor. Foi soterrado na Abadía de Westminster, que reconstruíu na segunda metade do seu reinado, e os seus restos foron trasladados para a súa actual tumba en 1290. Atribuíronselle algúns milagres tras a súa morte, porén non foi canonizado.

  1. Carpenter 1990, p. 262.

Henrique III de Inglaterra

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne