Nome orixinal | (grc) Ἑστία (grc) Ἱστια |
---|---|
Biografía | |
Residencia | Olimpo |
Celebración | Relixión da Grecia antiga |
Símbolo iconográfico | Chaleira (pt) , porco e Agnocasto |
Patrón de | Fogão a lenha (pt) , cocedura, lume, baking (en) e aloxamento |
Familia | |
Pais | Cronos e Rea |
Irmáns | Deméter Hera Hades Poseidón Zeus |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Encyclopædia Britannica Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Na mitoloxía grega, Hestia (en grego: Ἑστία Hestía) era a deusa da terra e do fogar. Na sociedade romana adaptaríase coma Vesta.
Era a filla primoxénita dos titáns Cronos e Rea e a primeira en ser devorada polo seu pai ao nacer, polo que foi a última en ser expulsada do corpo de seu pai cando Zeus lle deu o vomitivo. Tras a guerra contra os Titáns foi cortexada por Poseidón e por Apolo, pero xurou permanecer por sempre virxe, evitando a primeira disputa entre deuses olímpicos. Zeus recompensouna cedéndolle a primeira vítima de todos os sacrificios públicos e os lugares preeminentes en todas as casas.
Coma deusa do fogar e a familia apenas sae do Olimpo e nunca se inmisciu nas disputas dos deuses e os humanos, polo que apenas aparece nos relatos mitolóxicos a pesar de ser unha das principais deusas da relixión grega, e posteriormente da romana na forma de Vesta.
Cando Dioniso foi admitido no Olimpo, Hestia cedeulle o seu posto no consello dos doce deuses, fortalecendo a categoría de deus deste e adicándose ela por completo ao coidado do lume sagrado do Olimpo.