Hidden Figures | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Theodore Melfi |
Produtor | Donna Gigliotti, Peter Chernin, Jenno Topping, Pharrell Williams, Theodore Melfi |
Guión | Allison Schroeder, Theodore Melfi |
Baseado en | Hidden Figures de Margot Le Shetterly |
Intérpretes | Taraji P. Henson, Octavia Spencer, Janelle Monáe, Kevin Costner, Kirsten Dunst, Jim Parsons |
Música | Hans Zimmer, Pharrell Williams, Benjamin Wallfisch |
Fotografía | Mandy Walker |
Montaxe | Peter Teschner |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 25 de decembro de 2016 Estados Unidos; 20 de xaneiro de 2017 |
Duración | 127 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 25 millóns $[2][3] |
Recadación | 105 millóns $[2] |
Na rede | |
https://family.foxmovies.com/movies/hidden-figures | |
|
Hidden Figures é un filme biográfico estadounidense de 2016 dirixido por Theodore Melfi e escrito por Melfi e Allison Schroeder. Baséase no libro de non ficción do mesmo nome de Margot Le Shetterly. Taraji P. Henson no papel de Katherine Johnson é unha matemática afroamericana que calculou as traxectorias de voo do proxecto Mercury e o voo á Lúa do Apolo 11 (1969). No filme tamén participan Octavia Spencer, Janelle Monáe, Kevin Costner, Kirsten Dunst e Jim Parsons. O filme estreouse nos Estados Unidos de América o 25 de decembro de 2016. En España a estrea produciuse o 20 de xaneiro de 2017 coa dobraxe en castelán (Figuras ocultas)[4].