Biografía | |
---|---|
Nacemento | (grc) Ὅμηρος c. século IX a. C. valor descoñecido |
Morte | c. século VIII a. C. Ios, Grecia |
Grupo étnico | Gregos |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura grega |
Ocupación | poeta, autor, escritor |
Período de actividade | (Con vida en: século VIII a. C. ) |
Xénero artístico | Epopea |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Nai | Kretheis |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Encyclopædia Britannica |
|
Homero (en grego antigo Ὅμηρος Hómēros; c. século VIII a. C.), é o suposto autor das obras literarias máis antigas coñecidas en Europa, os poemas orais épicos a Ilíada e a Odisea. Considerado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego que consagrou o xénero, ademais consérvanse del a épica menor cómica Batrachomyomachia (literalmente:"A batalla das ras e dos ratos») e os corpus dos himnos homéricos.
É difícil establecer con certeza se Homero foi un individuo histórico ou unha identidade construída, e se é o autor das dúas célebres epopeas que son os alicerces da literatura occidental. Todo isto é o tratado na cuestión homérica. Malia isto, numerosas vilas xónicas (Quíos, Esmirna, Cime ou mesmo Colofón) dispútanse a orixe do aedo. Por outra banda, a tradición individualízao ó atribuírlle que era cego.