(pt) Ilha de Moçambique | |||||
Tipo | illa cidade espazo urbano | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Mussa Bin Bique (en) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Distrito da Ilha de Moçambique, Mozambique (pt) | ||||
| |||||
Bañado por | Canle de Mozambique | ||||
Características | |||||
Dimensións | 3 () km | ||||
Superficie | 1,5 km² | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → África | ||||
Data | 1991 (15ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) e (vi) | ||||
Identificador | 599 | ||||
Patrimonio de influencia portuguesa | |||||
A Illa de Mozambique (en portugués, Ilha de Moçambique) é unha cidade insular situada na provincia de Nampula, na rexión norte de Mozambique, que deu o seu nome ao país do que foi a primeira capital. Debido á súa rica historia, manifestada por un amplo patrimonio arquitectónico, a illa foi recoñecida pola Unesco en 1991 Patrimonio da Humanidade.[1]
A illa constitúe un municipio e ten un goberno local electo. De acordo co censo de 1997, o concello ten 42.407 habitantes, e destes 14.889 viven na illa.
O seu nome, que en lingua macua é Muipiti, parece que deriva de Mussa-Ben-Bique, ou Mussa Bin Bique, ou incluso Mussa Al Mbique, personaxe sobre quen case non se sabe nada certo, pero que deu o nome (como Mussa Bin Bique) a unha nova universidade, situada en Nampula.
En canto á arquitectura, a illa está dividida en dúas partes, a "cidade de pedra" e a "cidade de macuti", a primeira con preto de 400 edificios, incluíndo os monumentos máis recoñecidos, e a segunda, na metade sur da illa, con cerca de 1200 casas de construción precaria, moitas delas cubertas con macuti.
A Illa de Mozambique está unida ao continente africano por unha ponte de preto de 3 km de lonxitude, construída nos anos 60.