Kūki 'Āirani (mis) | |||||
Himno | Te Atua mou e | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Avarua | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 14.222 (2023) (59,26 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua maorí das Illas Cook | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 240 km² | ||||
Punto máis alto | Te Manga (652 m) | ||||
Creación | 4 de agosto de 1965 | ||||
Organización política | |||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
• Primeiro-ministro das Ilhas Cook (pt) | Henry Puna (pt) (2010–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of the Cook Islands (en) , (Escano: 24) | ||||
Membro de | Organización de Aviación Civil Internacional Alianza dos Pequenos Estados Insulares Organización Mundial da Saúde Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico Banco Asiático de Desenvolvemento (1976–) UNESCO (1989–) Organización Meteorolóxica Mundial (1995–) Organización para a Prohibición de Armas Químicas (1997–) | ||||
Moeda | Dólar neozelandés | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ck | ||||
Prefixo telefónico | +682 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999, 998 e 996 (en) | ||||
Código de país | CK | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Auckland (2012–) | ||||
Sitio web | ck… |
As Illas Cook (en inglés Cook Islands, en maorí das Illas Cook Kūki 'Āirani)[1] conforman un arquipélago localizado no océano Pacífico Sur, entre Hawai e Nova Zelandia. Posúen un sistema de goberno democrático-parlamentario en Libre asociación con Nova Zelandia. As quince pequenas illas teñen unha área combinada de 240 km². A Zona Económica Exclusiva (ZEE) das Illas Cook cobre 1.960.027 km² de océano.[2] A capital é Avarua e o turismo é a industria máis importante. Unha forma popular de arte nas illas é o tivaevae, unha clase de colchas.
Desde 2001, as Illas Cook teñen a súa propia política exterior e de defensa.[3] Nas últimas décadas, as Illas Cook adoptaron unha política exterior cada vez máis firme, e un insular, Henry Puna, exerce actualmente como secretario xeral do Foro das Illas do Pacífico.[4] A maioría dos habitantes das Illas Cook son cidadáns de Nova Zelandia, pero tamén teñen a condición de cidadáns das Illas Cook, que non se lles concede a outros cidadáns neozelandeses. As Illas Cook son un membro activo da Comunidade do Pacífico desde 1980.
Os principais núcleos de poboación das Illas Cook están na illa de Rarotonga (13.007 no 2016),[5] onde hai un aeroporto internacional. O censo de 2016 situou a poboación total en 17.459 habitantes. Tamén hai unha poboación maior de habitantes das Illas Cook en Nova Zelandia e Australia: no censo de Nova Zelandia de 2018, 80.532 persoas dixeron ser habitantes das Illas Cook ou descender das Illas Cook.[6] O último censo australiano rexistrou 28.000 habitantes das Illas Cook que vivían en Australia, moitos deles con cidadanía australiana.[7]
Con máis de 168.000 visitantes que viaxaron ás illas en 2018,[8] o turismo é a principal industria do país e o principal elemento da economía, por diante da banca offshore, as perlas e as exportacións mariñas e de froitas.
Since 2001, the Cook Islands has complete sovereignty in managing their Foreign affairs according to the common declaration of 6 de abril de 2001.