Imperio Mongol

Modelo:Xeografía políticaImperio Mongol
Их Монгол улс (mn) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata
CapitalShangdu
Avarga (1206–1235)
Karakorum (1235–1260)
Khanbaliq (1271–1368) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación160.000.000 (1279) Editar o valor en Wikidata (40 hab./km²)
Lingua oficialLinguas mongólicas Editar o valor en Wikidata
RelixiónTengrismo, Xamanismo, budismo, Nestorianismo e Islam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie4.000.000 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1206 Editar o valor en Wikidata
Disolución1368 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porDinastía Ming Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía electiva
monarquía hereditaria Editar o valor en Wikidata
• Gran Khan Editar o valor en WikidataXenxis Khan (1206–1227)
Ögödei (1229–1241)
Güyük (1246–1248)
Mongke (1251–1259)
Khublai Khan (1260–1294)
Toghon Temür (1333–1368) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoKurultai , Editar o valor en Wikidata
MoedaBalysh Editar o valor en Wikidata

O Imperio Mongol (en mongol, Монголын Эзэнт Гүрэн) dos séculos XIII e XIV foi o segundo imperio máis extenso da historia[1] e o maior dos imperios constituídos por territorios continuos.[2][3][4][5][6]

Orixinario da actual Mongolia na Asia Oriental, o imperio mongol no seu apoxeo estendíase desde o mar do Xapón ata zonas da Europa Oriental, estendéndose cara ao norte ata zonas do Ártico;[7] cara ao leste e o sur ata zonas do subcontinente indio, tentou invasións do sueste asiático e conquistou a meseta iraniana; e cara ao oeste ata o Levante e os montes Cárpatos.

O imperio mongol xurdiu da unificación de varias tribos nómades na patria mongol baixo o liderado de Temüjin, coñecido polo título máis famoso de Xenxis Khan (c. 1162-1227), a quen un consello proclamou gobernante de todos os mongoles en 1206. O imperio creceu rapidamente baixo o seu mandato e o dos seus descendentes, que enviaron exércitos invasores en todas direccións. O vasto imperio transcontinental conectaba o Oriente co Occidente, e o Pacífico co Mediterráneo, nunha forzada Pax Mongolica', que permitía o intercambio de comercio, tecnoloxías, mercadorías e ideoloxías a través de Eurasia.

O imperio comezou a dividirse debido ás guerras pola sucesión, xa que os netos de Xenxis Khan disputábanse se a liña real debía seguir do seu fillo e herdeiro inicial Ögödei ou dalgún dos seus outros fillos, como Tolui, Chagatai ou Jochi. Os toluíes impuxéronse tras unha sanguenta purga das faccións ogedeí e chagatayí, pero as disputas continuaron entre os descendentes de Tolúi. Unha razón clave da escisión foi a disputa sobre se o imperio mongol converteríase nun imperio sedentario e cosmopolita, ou se mantería fiel ao estilo de vida nómade e baseado na estepa mongol.

Tras a morte de Möngke Khan (1259), os consellos rivais kurultai elixiron simultaneamente a diferentes sucesores, os irmáns Ariq Böke e Khublai Khan, que loitaron entre si na guerra civil toluida (1260-1264) e tamén se enfrontaron aos desafíos dos descendentes doutros fillos de Xenxis.[8][9] Kublai fíxose co poder, pero a guerra continuou cando tentou sen éxito recuperar o control das familias chagatayid e ögedeid. Á morte de Kublai en 1294, o imperio mongol fraccionarase en catro Khanatos ou imperios separados, cada un perseguindo os seus propios intereses e obxectivos: o khanato da Horda de Ouro no noroeste, o khanato de Chagatai na Asia central, o khanato de Ilkhan no suroeste e a dinastía Yuan.[n. 1] no leste, con sede na actual Pequín.[14] En 1304, durante o reinado de Temür, os tres Khanato occidentais aceptaron a soberanía da dinastía Yuan.[15][16]

A parte do imperio que caeu primeiro foi o Ilkhanato, que se desintegrou no período de 1335-1353. A continuación, a dinastía Yuan perdeu o control da meseta tibetana e da China en 1354 e 1368, respectivamente, e derrubouse despois de que a súa capital de Dadu fose tomada polas forzas dos Ming. Os gobernantes xenxisíes dos Yuan retiráronse ao norte e continuaron gobernando a meseta mongol. A partir de entón, o réxime coñécese na historiografía como a dinastía Yuan do Norte. A finais do século XV, a Horda de Ouro dividiuse en khanatos rivais e foi derrotada e expulsada da Europa oriental en 1480 polo Gran Ducado de Moscova, mentres que o khanato Chagatai perdurou dunha forma ou outra ata 1687.

  1. Morgan. The Mongols. p. 5.
  2. «The British Empire in 1924»
  3. "Mongolia se encomienda a Gengis Jan". El País 18.08.2007. 2007. Consultado o 10 de xullo do 2023. 
  4. Díaz Ibáñez, Jorge (2009). La China imperial en su contexto medieval (siglos III-XVII). Madrid: Arco Libros. p. 55. ISBN 847635777X. El imperio mongol de los siglos XIII-XIV fue el más extenso que jamás haya existido. 
  5. "Mayores imperios de la historia". 
  6. "Imperios en el tiempo". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2022. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  7. Pow, Stephen (6 de abril de 2020). "The Mongol Empire's Northern Border: Re-evaluating the Surface Area of the Mongol Empire". Genius Loci – Laszlovszky 60. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2021. Consultado o 10 de xullo do 2023. 
  8. "The Islamic World to 1600: The Golden Horde". Universidade de Calgary. 1998. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 10 de xullo do 2023. 
  9. Michael Biran. Qaidu and the Rise of the Independent Mongol State in Central Asia. The Curzon Press, 1997, ISBN 0-7007-0631-3.
  10. Kublai (18 de decembro de 1271), 《建國號詔》 [Edict to Establish the Name of the State], 《元典章》[Statutes of Yuan] (in Classical Chinese)
  11. Robinson, David (2019). In the Shadow of the Mongol Empire: Ming China and Eurasia. p. 50. ISBN 9781108482448. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2022. Consultado o 10 de xullo do 2023 – vía Google Books. 
  12. Robinson, David (2009). Empire's Twilight: Northeast Asia Under the Mongols. p. 293. ISBN 9780674036086. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2022. Consultado o 10 de xullo do 2023 – vía Google Books. 
  13. Brook, Timothy; Walt van Praag, Michael van; Boltjes, Miekn (2018). Sacred Mandates: Asian International Relations since Chinggis Khan. p. 45. ISBN 9780226562933 – vía Google Books. 
  14. The Cambridge History of China: Alien Regimes and Border States. p. 413.
  15. Jackson. Mongols and the West. p. 127.
  16. Allsen. Culture and Conquest. pp. xiii, 235.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/> correspondente


Imperio Mongol

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne